VIII Congreso da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria.


NORMATIVA PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

Si desea la versión en castellano de las normas para la presentación de trabajos de investigación en pdf haga click aquí.

 

Recoméndase os/as autores ler atentamente a normativa e seguir as instrucións que se detallan, antes de redactar o resumo e/ou traballo completo.

O resumo e/ou traballo completo que non cumpra os criterios requiridos non será admitido.
 

NORMAS XERAIS.


  1. Poderán presentarse traballos de investigación relacionados coa enfermería familiar e comunitaria, sobre calquera temática e empregando metodoloxía cuantitativa,  cualitativa ou mixta.
  2. Poderán presentarse traballos orixinais aínda que se teñan publicado en revistas, congresos ou noutras conferencias, coa excepción daqueles que desexen optar a premio; neste caso só se admitirán os orixinais que non se teñan publicados con anterioridade.
  3. Os traballos enmarcaranse en catro categorías:
    • Artigo orixinal: Nesta sección incluiranse estudos de metodoloxía cuantitativa, cualitativa ou mixta.
    • Artigo de revisión: Neste apartado inclúense revisións sistemáticas, metaanálise, metaetnografía, scoping reviews u outro tipo de revisións.
    • Artigo breve: Este formato incluirá casos clínicos ou experiencias comunitarias, facendo referencia estas últimas a actividades e/ou programas desenvoltos no ámbito da enfermería familiar e comunitaria.
    • Proxecto: Deseño dun protocolo de investigación.
  4. Non hai un número máximo de traballos nos que poida figurar un mesmo autor ou autora, pero un mesmo poñente non poderá expoñer máis de dous traballos.
  5. As comunicacións (resumo e/ou texto completo) só poderán enviarse utilizando os FORMULARIOS incluídos na páxina web do VIII Congreso AGEFEC. Unha vez enviadas, consideraranse definitivas e, polo tanto, non se permitirán modificacións a posteriori.
  6. O autor ou autora designado como poñente, deberá estar inscrito/a no Congreso, salvo causa de forza maior que deberá ser previamente xustificada e aceptada polo Comité Científico. Este autor ou autora será tamén o interlocutor ante o Comité Científico.
  7. As Comunicacións serán avaliadas polo Comité Científico, e a súa decisión non poderá ser obxecto de apelación ou reclamación. Para a súa avaliación as comunicacións deben enviarse nas datas e co formato esixido na paxina web do VIII congreso de AGEFEC.
  8. O autor, autora ou autores/as deberán indicar se optan por Comunicación Oral ou Póster. AGEFEC resérvase o dereito a reclasificar o traballo, en función da avaliación realizada polo Comité Científico ou por motivos organizativos. A resolución será notificada ao e-mail do interlocutor ou interlocutora á maior brevidade posible. Todos os/as participantes deberán enviar primeiro o resumo e posteriormente será o comité avaliador o que solicite o envío do texto completo, se procede. No caso dos pósteres, non será necesario o envío do texto completo.
  9. No caso de notificación de aceptación por parte do Comité científico, esta non será definitiva ata que o pago da cota de inscrición sexa xustificado e que deberá terse realizado nos 10 días posteriores á mesma. Só se aceptarán aqueles resumos que cumpran os requisitos esixidos.
  10. Todas as Comunicacións inéditas poderán optar a Premio, si así o indican os/as autores/as no campo correspondente ao remitir o resumo, debendo asegurarse de que cumpre os requisitos establecidos (ver norma 1).
  11. Os/as autores/as, ao presentar os seus traballos, comunicacións orais ou póster, entenden que iso implica a aceptación das normas establecidas polo Comité Organizador e/ou polo Comité Científico.
  12. Os traballos, comunicacións orais ou póster, presentados por algún membro dos comités científico ou organizador ou da Xunta Directiva de AGEFEC, non poderán optar a ningún dos premios do Congreso.
  13. As Comunicacións aceptadas polo Comité Científico pasarán a formar parte das Actas do Congreso. Todos os/as autores/as con Comunicacións aceptadas AUTORIZAN de forma implícita, a súa publicación nos medios que AGEFEC considere mais axeitados para a divulgación das mesmas. Os/as autores/as conservan os dereitos de copyright pero autorizan a súa publicación gratuíta.
  14. O Resumo non incluirá información e/ou datos polos que se poida identificar os seus autores/as e/ou centros. Se os resumos ou traballos completos engaden datos dos seus autores/as, serán eliminados/as do proceso de revisión.

 


PRESENTACIÓN DE RESUMOS


DATAS DE ENVÍO

Deberán ser enviados mediante o sistema en liña de presentación de Comunicacións (resumos) dispoñible na páxina do Congreso.

  • A data límite para presentar os resumos será o luns 8 de outubro de 2024 ás 23:59h.
  • A data límite para comunicar a aceptación ou rexeitamento, por parte do Comité Científico, será o luns, 15 de outubro de 2024.
  • Unha vez aprobado o resumo para a súa presentación no congreso, os autores deberán enviar o texto completo do traballo para a súa avaliación, se optan a premio como comunicación oral. No caso dos pósters, isto non será necesario.
  • A data límite para remitir os traballos completos, en caso de ser solicitados polo Comité Científico, será o luns, 28 de outubro de 2024 ás 23:59h.

FORMATO

Os resumos deberán respectar o seguinte formato de presentación:

  • O idioma de envío de comunicacións será galego ou castelán.
  • Non poderán superar as 350 palabras (excluíndo título, autores, palabras clave e bibliografía).
  • O título deberá ir en maiúsculas, sen abreviaturas, en negriña e como máximo ocupará dúas liñas non podendo superar as 15 palabras. O tipo de letra recomendado é o formato Arial 12 con entreliñado 1,5.
  • Admítense ata un máximo de 6 autores, identificados/as con dous apelidos seguidos do nome (exemplo: Pérez Martínez, José; Fernández González, María). Mediante súperíndices, indicarase a categoría profesional e lugar de traballo. A persoa que presente a Comunicación identificarase como autor/a principal e deberá incluír un teléfono e enderezo electrónico de contacto.
  • O resumo estruturárase cos seguintes apartados: introdución, obxectivo, metodoloxía, resultados e conclusión. Deben evitarse as abreviaturas non estándar ou pouco comúns, pero se son esenciais, poden definirse no propio resumo.
  • As palabras clave serán catro e estarán contidas no DeCS (https://decses.bvsalud.org/E/homepagee.htm).
  • A bibliografía citarase seguindo as normas do estilo Vancouver (http://www.metodo.uab.cat/docs/Requisitos_de_Uniformidad.pdf)

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS RESUMOS


Na primeira etapa avaliaranse os resumos presentados, que terán un período axustado para o seu envío, tendo en conta os seguintes ítems:

  • Estrutura: está ben estruturado seguindo as normas do Congreso. De non ser así, non poderá ser avaliado.
  • Redacción: clara e concisa. Sen faltas ortográficas. Axustado ao formato establecido na normativa. De non ser así, non poderá ser avaliado.
  • Obxectivos: novidade e relevancia.
  • Método: adecuación aos obxectivos propostos. Validez.
  • Resultados: coherentes e derivados dos obxectívoos expostos.
  • Discusión: implicacións para a práctica.

As puntuacións (número enteiro, sen decimais) outorgables por cada avaliador aos aspectos obxectivos, método, resultados e discusión son:

  • Moi bo: 3 puntos (que sería equivalente a unha puntuación entre 8 e 10)
  • Bo: 2 puntos (que sería equivalente a unha puntuación entre 5 e 7)
  • Regular: 1 punto (que sería equivalente a unha puntuación entre 2 e 4)
  • Malo: 0 puntos (que sería equivalente a una puntuación entre 0 e 1)

A suma da puntuación outorgada por cada avaliador nos aspectos valorados está comprendida entre 0 (puntuación mínima) e 10 (puntuación máxima).

  • Co fin de potenciar a presentación de traballos novidosos e con deseños pouco frecuentes en investigación en coidados, o Comité Científico poderá ponderar a puntuación final do resumo en función da orixinalidade do tema e do deseño utilizado.

Unha vez avaliados os resumos por parte do Comité Científico, a Secretaría Técnica poñerase en contacto co poñente dos traballos que foron aceptados para a súa presentación durante o Congreso.

 

ESTRUTURA  DO ARTIGO COMPLETO


Só se enviará no caso de traballos que optan a premio como comunicación oral. A Secretaría Técnica llo indicará ao/á primeiro/a autor/a, mediante correo electrónico.
Recomendase redactar o manuscrito segundo as directrices que correspondan á metodoloxía empregada (CONSORT para estudos experimentais, STROBE para observacionais, PRISMA para revisións, SRQR para investigación cualitativa, etc.). Na paxina web da iniciativa EQUATOR pódense identificar as iniciativas mais adecuadas (https://www.equator-network.org/)

O idioma para os traballos poderá ser galego ou castelán e deberán remitirse en formato PDF.
O tipo de letra recomendado é o formato Arial 12 con entreliñado 1,5.
Ao incluír as referencias bibliográficas debe usarse o formato normalizado estilo Vancouver.
Aínda que se aceptara o resumo, se o texto completo non respecta o regulamento de confección será rexeitado.

ARTIGO ORIXINAL
(Máximo 3000 palabras. Pódense incorporar táboas e figuras.)

  • Introdución.
  • Obxectivos.
  • Metodoloxía.
  • Resultados.
  • Discusión/conclusións.
  • Bibliografía

REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
(Máximo 3000 palabras. Pódense incorporar táboas e figuras.)

  • Introdución.
  • Obxectivos.
  • Metodoloxía.
  • Resultados.
  • Discusión/conclusións.
  • Bibliografía

ARTIGO BREVE
(Máximo 1500 palabras. Pódense incorporar táboas e figuras.)
Caso clínico

  • Introdución.
  • Exposición do caso.
  • Plan de coidados de enfermería: diagnósticos enfermeiros, obxectivos, intervencións.
  • Discusión/conclusións.
  • Bibliografía.

Experiencias innovadoras

  • Introdución/xustificación.
  • Obxectivos.
  • Desenvolvemento/ descrición.
  • Resultados.
  • Conclusións.
  • Relevancia/aplicabilidade.
  • Bibliografía.

PROXECTO
(Máximo 3000 palabras. Pódense incorporar táboas e figuras.)

  • Antecedentes e estado actual do tema.
  • Aplicabilidade.
  • Obxectivos.
  • Metodoloxía.
  • Plan de traballo.
  • Aspectos éticos.
  • Plan de difusión dos resultados.
  • Financiamento da investigación.
  • Bibliografía.

Os traballos completos que opten a premio serán avaliados mediante as ferramentas de lectura crítica do SIGN (Scottish Intercollegiate Guidelines Network) https://www.sign.ac.uk/ para estudos cuantitativos, ou do CASPe para estudos cualitativos (Critical Appraisal Skills Programme) https://redcaspe.org/ .

 

PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS



As comunicación orais ou póster deben estar enviadas antes do 1 de Novembro de 2024 ás 23:59h.
A Secretaría Técnica indicará ao/a interlocutor/a, mediante correo electrónico, lugar, data e hora da presentación.

FORMATO COMUNICACIÓN ORAL

  • O sistema de apoio para a visualización das Comunicacións será o formato de Power-Point, Open-Office ou PDF.
  • A presentación deberá axustarse ao modelo de plantilla que lle remitirá a Secretaría (adxunta no e-mail de aceptación).
  • O/a autor/a deberá ter entregada a súa presentación audiovisual antes do comezo do Congreso.
  • O tempo máximo para defender a Comunicación será de 8 minutos  e deixarase un tempo ao remate de cada quenda para posibles preguntas ou debate. AGEFEC poderá, por motivos de organización e previa comunicación aos interesados, facer cambios ou modificacións no relativo aos tempos de exposición.

 FORMATO COMUNICACIÓN PÓSTER

  • Para a presentación de Comunicacións Póster rexerán as mesmas normas xerais que para as Comunicacións Orais.
  • Os traballos seleccionados como pósteres exhibiranse en formato electrónico.
  • O póster incluirá Xustificación, Obxectivo, Metodoloxía ou Fases da experiencia, Resultado, Conclusións e Bibliografía. Poderá incluír táboas, gráficos e/ou figuras.
  • O/a autor/a deberá enviar o Póster en formato electrónico. A diapositiva deberá axustarse ao modelo de plantilla que lle remitirá a Secretaría (adxunta no e-mail de aceptación).
  • Os pósteres exporanse mediante pantallas, debendo estar os/as autores/as presentes durante a Sesión de Póster (especificada no programa) para a resolución de dúbidas dos asistentes e/ou do comité científico.

 

PREMIOS


Os premios entregaranse entre aqueles traballos inéditos cuxos autores marcaran a opción de premio. Para isto, o Comité Científico terá en conta:

Para Comunicacións Orais:

  • Se o traballo completo se adecúa a dito resumo e sigue a normativa do congreso (60%)
  • A presentación e clara e se adecúa ao tempo (40%)

Para Comunicacións Póster:

  • Se o contido do Póster se adecúa ao exposto no resumo (60%)
  • deseño do póster (40%)

Outorgaranse os seguintes premios:

COMUNICACIÓNS ORAIS:

  • 1º PREMIO: 250 €
  • 2º PREMIO: 200
  • Accésit con diploma acreditativo

COMUNICACIÓN PÓSTER:

  • PREMIO: 150 €
  • Accésit con diploma acreditativo


RESOLUCIÓN DE DÚBIDAS 


No caso de que algún autor/a teña dúbidas con respecto as normas de presentación de comunicacións, pode facelo a través da dirección comitecientifico@congresoagefec.com

 


SISTEMA DE PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS

Cubra o seguinte formulario. Os campos marcados con (*) son obrigatorios. Ante calquera incidencia, consulte coa Secretaría Técnica.

Formato de presentación* Marcar preferencia


 

Datos do autor/a responsable da Comunicación


 

* A Estrutura do resume deberá levar os seguintes apartados: introdución, obxectivos, método, resultados, discusión/conclusións e bibliografía.

* De tratarse dun caso clínico: introdución, caso clínico, discusión/conclusións e a bibliografía.

* De tratarse dun proxecto: antecedentes e estado actual do tema, aplicabilidade, metodoloxía, aspectos éticos, plan de difusión dos resultados, financiamento da investigación


 

 
É Vostede EIR e desexa optar a premio EIR

No poderán optar a Premio os membros do Comité Organizador e/o Comité Científico.

Non poderán optar a Premios os traballos que non sexan inéditos.

 
Información básica sobre protección de datos persoais
Responsable Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria
Finalidades Xestión e tramitación da inscrición ao Congreso de AGEFEC, incluída a xestión administrativa, contable e fiscal da mesma. Comunicación e información sobre as actividades realizadas pola asociación.
Lexitimación Lexitimación Consentimento do interesado, interese do solicitante e propio así como a relación establecida mediante a súa inscrición.
Colectivo Persoas físicas que soliciten participar na actividade organizada por AGEFEC.
Categorías de Datos Nome e apelidos, número identificación fiscal, dirección, número de teléfono, correo electrónico, datos vixencia como socio/a da asociación ou situación de estar a cursar estudos, datos profesionais e datos de detalles de emprego, datos fiscais, no caso de solicitar manutención datos de alerxias e intolerancias alimentarias.
Cesións Non se cederán os datos a terceiros, salvo o seu consentimento expreso ou as excepcións previstas pola normativa vixente. / Non están previstas transferencias internacionais de datos.
Dereitos Acceso, rectificación, supresión e dereito ao esquecemento, limitación do tratamento, portabilidade, oposición, reclamación ante a AEPD e non ser obxecto de elaboración de perfís. Dereito a revogar o consentimento prestado.
+ info Na nosa Política de privacidade

CONSULTAS

Para realizar unha consulta sobre as comunicacións libres cubra o seguinte formulario. Os campos marcados con (*) son obrigatorios.

 




Información básica sobre protección de datos persoais
Responsable Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria
Finalidades Xestión e tramitación dunha consulta ao Congreso de AGEFEC. Comunicación e información sobre as actividades realizadas pola asociación.
Lexitimación Lexitimación Consentimento do interesado, interese do solicitante e propio así como a relación establecida mediante a súa inscrición.
Colectivo Persoas físicas que soliciten participar na actividade organizada por AGEFEC.
Categorías de Datos Nome e apelidos, número de teléfono, correo electrónico, datos da propia consulta.
Cesións Non se cederán os datos a terceiros, salvo o seu consentimento expreso ou as excepcións previstas pola normativa vixente. / Non están previstas transferencias internacionais de datos.
Dereitos Acceso, rectificación, supresión e dereito ao esquecemento, limitación do tratamento, portabilidade, oposición, reclamación ante a AEPD e non ser obxecto de elaboración de perfís. Dereito a revogar o consentimento prestado.
+ info Na nosa Política de privacidade
Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da sua navegación nesta web, en cumplimiento do Real Decreto-lei 13/2012. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK | Más información